Botamos a barca ao río!

Publicado en Uncategorized o Decembro 20, 2008 por xannaraiadeauga

Ola de novo a todos!

Hoxe Xan botou a súa barquiña no río.  0 20 de decembro é un día moi importante para mín porque  comezou a preprodución de XAN NA RAIA DE AUGA. Plan de rodaxe, plan de produción e presuposto.

Polo de agora non podo adiantar cal é a produtora, quen é o equipo técnico e onde imos rodar… pero moi moi pronto todo vai comezar.

Mantédevos a espera!

Unha aperta a todos!

Aquí comeza todo!

Publicado en Uncategorized o Decembro 6, 2008 por xannaraiadeauga

Aquí comeza a andaina de Xan.

Polo de agora “Xan na Raia de auga” é un guión de curtametraxe que acadou o primeiro premio do concurso de guións “Historias Transfronteirizas” da Deputación da Coruña e da Cámara de Viana do Castelo, e que englóbase dentro das actuacións do proxecto CULTURNOVA, da Unión Europea.

Aquí poderedes seguir os pasos que vaia dando Xan, desde a contratación da productora ata a súa estrea. Convídovos a facelo.

Vémonos moi pronto!

David Ramos

Seguir este blogue

Recibe aviso de cada artigo novo no teu correo electrónico.